pino -a

Terreo en costa, inclinado en pendente.

Etimoloxía

Considérase que procede do latín pinus –i ‘piñeiro’.

Exemplos *

“O río, encanado entre dous pinos montes, virou outro. Baixa pola gorxa impetuoso, potente, desfacéndose en laxes e ousados petoutos …” (Anxo Angueira: Terra de Iria)

“Anoitece e polos carreiros pinos de Ferreiría volve o pegureiro con catro vacas, un burro, dez ovellas e o can pastor …” (Tempos Novos 05-1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.