Roda máis pequena dunha engrenaxe.
Etimoloxía
Esta denominación técnica procede do termo francés pignon 'roda dentada do eixe da roda traseira da bicicleta' que, á súa vez, deriva de peigne 'peite' co que garda certa semellanza.
Exemplos *
"Acórdome dunha bicicleta branca de piñón fixo" (Galicia Hoxe 10-04-2009)
"Estaba encrequenadao a axustarlle a cadea a un piñón." (Xosé Manuel G. Trigo: Extintos básicos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.