pintasilgo

Paxaro da familia dos frinxílidos coa cabeza branca e negra, cara vermella, ás coa punta branca e unha franxa amarela no centro, co lombo pardo e o rabo negro

Etimoloxía

Vocábulo que ten unha orixe controvertida, crese que é un cruzamento da voz “sirgo” ‘pano de seda’ que recordaría á plumaxe da ave e o verbo “pintar”.

Exemplos *

Pintaxilgo, Pinchafror: / rechouchío en tecnicor! / Voa, con ar satisfeito, / a Papuxa namorada, / sen pensar no cadaleito / da monfortina empanada.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Cantarenas de outrora”, Cantarenas, 1981)

“Voarían os pintasilgos, xemerían as rulas, croarían as ras no tremedal, danzarían as lavandeiras nos sucos recén abertos ? 'Prepárate para as sorpresas, dicíase, nada será como era nin como pensas. Só o mar estará alí, o mar que, en definitiva, é a onde queres volver'.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.