pintor, -a

Persoa que se dedica á arte da pintura

Etimoloxía

A voz procede do latín vulgar *pinctōre que remite ao latín clásico pictōre de significado semellante.

Exemplos *

“En 1896, veu acompañado pola pintora Jeanne le Roux, que se converte nunha das primeiras mulleres en participar nunha expedición oceanográfica, se ben que non como científica.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 7-2014)

“A Anxo encántalle sentilo disertar sobre o artista flamenco. Van Gogh é o pintor favorito de Pedro; e de Anxo ás veces -outras, prefire a Goya ou Gauguin ou, quizais, Daumier-.” (Pere Tobaruela: A teoría dos contrarios, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.