pintura

Arte de representar o mundo real ou imaxinario sobre unha superficie plana, por medio de cores

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latín vulgar *pinctūra, forma alterada do latín pictūra, de significado semellante.

Exemplos *

“O amor e o desamor son sentimentos tan potentes que sería imposible entender a arte sen á súa forza inspiradora. Tanto ten que falemos de poesía, de novela, de cine, de música ou de pintura.” (Chis Oliveira e Amada Traba: Ám@me. Pensar o amor no século XXI, 2018)

“A pintura de María Antonia Dans reivindica o seu papel dentro da plástica galega dende unha proposta singular” (Ramón Rozas: Galiciaé. O diario galego, 9-11-2022)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.