pioneiro, -a

Persoa que dá os primeiros pasos nunha actividade humana / Persoa que inicia a exploración de novas terras

Etimoloxía

Palabra que procede do francés pionnier de significado semellante.

Exemplos *

“Onte fochicando no Arquivo Pacheco e nas imaxes que fan referencia ao Castro atopei unha fotografía que me impresionou moito: un grupo de mozos sentados sorrindo; eran, segundo as indicacións, "pioneiros roxos" e a data, polo que alí puña, de 1935 ou 1936.” (Marga do Val: Tizita e Sabela na procura, 2016)

“Chovía e foi a chuvia a única visión do seu país. Saíu da aldea, co único patrimonio da arrogancia, para non volver máis e comezou unha carreira triunfal polos Cafés Cantantes e os Music_hall. De Lisboa pasou a Barcelona que daquela era a pioneira dos cafés cantantes, máis que Madrid.” (María Xosé Queizán: O solpor da cupletista, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.