Tecido de algodón que forma pequenos debuxos ou puntos en relevo.
Etimoloxía
Procede do francés piqué, derivado do verbo piquer 'picar'.
Exemplos *
"Non sei que se vería se alguén reparara en nós, supoño que uns estraños movementos baixo a colcha de piqué branca con reberetes bordados en cores." (Eduardo Alonso: Teatro imprevisto)
"Preparei un baúl e un cesto e fun deixando neles todas as miñas prendas de roupa, un día as blusas de la, outro a bata de piqué …" (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.