piquelo

Paxaro da familia dos pícidos, que cría nos troncos vellos das árbores, nas que pode verse en posición vertical apoiándose no rabo, e do que existen diversas especies, entre as que as máis comúns son unha de tons verdosos e outra branca e negra

Etimoloxía

Denominación que se relaciona con “picar” que é unha creación expresiva. O nome científico é picus sharpei.

Exemplos *

“Unha curuxa ou un piquelo azul , habitantes do mesmo bosque e expostos ás mesmas condicións climatolóxicas e de luminosidade , non migran ó mesmo tempo que a papuxa .” (Emilio Valadé del Río: Ernst Mayr: Historia do pensamento biolóxico, 1999)

“Rincha o cabalo rinchón / Peta o piquelo no encino / Resga o gaio unha canción / e guíndaa dindes do ar, / e vai voando, sin tino, / buscando outra noutro brelo / que ha de ter o mesmo sino. / Enche o cuco o val co seu cantar.” (Uxío Novoneyra: Os eidos. Terras outas e soias do Courel 1952-1954, 1955)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.