pira

Fogueira que nalgunhas culturas se utiliza para queimar os corpos dos defuntos, ou na que antigamente se queimaban as vítimas dos sacrificios

Etimoloxía

Termo que vén do latín pyra, e este do grego pyrá ‘fogueira’.

Exemplos *

“Así o lume destrutor que aparece nas piras das rúas ten unha función purificadora e convértese en metáfora do cambio social que vén despois de sufocar a sublevación.” (Pau Martínez Muñoz: Cinema e guerra civil. Novos achados, 2009)

“O fume negro e acedo das piras impide ver o sol, coma se unha noite de cinza e de xofre caese sobre a terra.” (Xesús Manuel Valcárcel: O capitán lobo negro, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.