Deporte náutico en que compiten dúas ou máis piraguas
Etimoloxía
Termo derivado sobre “piragua” que procede dunha palabra caribeña piragua ‘embarcación’.
Exemplos *
“O río Lerez estaba continuamente na súa mirada. Soubo do piragüismo, aínda sen ser consciente de que o era, cada vez que se asomaba á fiestra da súa casa.” (Emilio Navaza: O Correo Galego, 19-2-19-2-1996)
“Cal apostou por " potenciar o deporte, concretamente o piragüismo, xa que "sería bonito ver a cen rapaces no río en piragua todos os días".” (Víctor Sariego: O Xornal de Galicia, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.