pirámide de poboación

Pirámide de idades

Etimoloxía

Frase composta da palabra grega puramís 'pirámide', que entra polo latín tardío pyrámis, -idis, e outra latina populatione ‘poboación’.

Exemplos *

“(...) un dos problemas máis relevantes das sociedades desenvolvidas: a existencia dunha pirámide de poboación onde coexiste o aumento da esperanza de vida cun descenso da natalidade.” (A.F: O Correo Galego, 22-05-2002)

“Nos últimos anos notouse un descenso dos alumnos nas academias do grupo, algo que Nóvoa achaca ao descenso de xente moza polas características da pirámide de poboación galega.” (Xurxo González: A Nosa Terra, 15-01-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.