Bandido que percorre os mares para asaltar e roubar navíos.
Etimoloxía
A súa orixe está no latín pirata, -ae 'pirata, bandido', tomado do grego. Curiosamente, estaría emparentado con voces como "experto" ou "perito", xa que todas elas remiten a peira, -as 'proba, intento'.
Exemplos *
"Tomeino nas mans para protexelo coma se encontrase un tesouro nunha illa remota con piratas ao axexo …" (Alberto Canal: Conexión Tubinga)
"… tiña unha cadela con nome de deusa ou de bebé-probeta, unha moza entomóloga e feliz, un traballo alimenticio e unha paixón renovada polos contos de piratas …" (Xavier Queipo: Papaventos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.