piruleta

Caramelo duro, xeralmente en forma de círculo ou corazón, cun pau que lle serve de mango

Etimoloxía

Termo de orixe expresiva.

Exemplos *

“—Non lle dea larpeiradas á nena, que despois, se vomita, quen ten que aturala toda a noite son eu.

—Tamén eu che aturei a ti moitas noites. O que ten, que ti non te lembras. Toma, miña meniña, mira que piruleta encarnadiña, das máis bonitiñas.” (Francisco Calo Lourido: Salseiros, 2001)

“El non sabe que a Iago o operaron de vexetacións, nin que berraba na padiola, aterrorizado, nin que o tiveron que suxeitar os seus pais , nin que a enfermeira loura, seca, autoritaria, lle deu unha piruleta de chocolate que semellaba un paraugas, co seu mango e todo.” (Xesús Manuel Valcárcel: O capitán lobo negro, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.