Estanque artificial de auga onde se pode un bañar, nadar ou practicar outros deportes acuáticos
Etimoloxía
Termo que nos chega desde o latín piscīna, que deriva destoutro piscis 'peixe'.
Exemplos *
“Así, escapulinme en silencio ata o soto do parador, onde se atopaba o spa. Mergulleime nunha das súas burbullantes piscinas quentes, pechei os ollos e comecei a imaxinar que puidera suceder con aquelas reliquias. Tiveran que ser moi relevantes para o paso de peregrinos.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)
“As vacacións no Algarve sentáranlle ben e mentres camiñaba pola rúa tratou de recrear as sensacións naquela piscina do hotel en que se deixaba flotar durante minutos había só unha semana.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortes, 2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.