pisco

(Erithacus rubecula) Paxaro da familia dos túrdidos, de cor olivácea nas partes superiores, testa, fazulas, gorxa, papo e peito rubios e ventre abrancazado

Etimoloxía

Palabra de orixe onomatopeica.

Exemplos *

“Así é a xente da capital. Non sabe distinguir un pego bravo dun pisco pedrés nin o dano que pode facer un meigallo, e engrúñase ó menor sinal de violencia.” (Bieito Iglesias: O mellor francés de Barcelona, 1999)

“Paporroibo, pisco, paifoque, peizoco... Existen outras formas de nomear este paxaro, pero ningunha ten para a autora un son que lle sexa tan familiar como peizoque.” (Ana Abelenda: La Voz de Galicia, 4-12-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.