Mazo de madeira, de diferentes formas e tamaños, xeralmente con mango ou asas, que serve para pisar o toxo, as uvas, esmagar o barro, mallar os ourizos das castañas etc.
Etimoloxía
Voz relacionada co verbo “pisar”, este procede do latín vulgar *pisare .
Exemplos *
“Lévanse despois á aira na que se mallan, esmagan, mazan, debullan ou pisan con mazos, mallucos, pisóns, petelos e restrelos ou simplemente cos zocos e galochas.” (Xulio Valcárcel: 55 mañas de domingo, 2025)
“O mazo leva tamén os nomes de malluco, pisón ou petelo. Unha vez debulladas as castañas cómpre arredalas dos ourizos que as gardaban.” (Xosé Ramón Fernández-Oxea [Ben-Cho-Shey]: Galicia no corazón, 1977)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


