pispante

Que ten un comportamento ou personalidade propios dun neno e non de alguén da súa idade

Etimoloxía

Palabra que deriva do verbo “pispar” que, a súa vez, é unha creación expresiva.

Exemplos *

“Unha caixa de bombóns recheos de licor sería ben recibida por Antía; el prefería os de abelá ou améndoa, pero Antía non. Marisol sorriulle cálida ao velo entrar tan pispante co ramo no colo.” (Uxía Casal: Vidas exemplares, 2006)

“Case esperaran oír ruídos de cadeas ou ouveos, e xa se preparaban para o peor cando se abriu a porta e tras dela apareceu un ancián de pelo branco, lentes redondas e expresión pispante.” (Leticia Villa Sexto: Os tratates de papagaios, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.