pista

Lugar preparado para a práctica de certos deportes e espectáculos.

Etimoloxía

Procede do latín, onde deriva da forma tardía pistare 'pisar' e puido entrar desde o italiano ou desde o francés.

Exemplos *

"… construción de pistas de esquí en lugares moi sensíbeis como son os cumes das montañas ou construción de hoteis, autovías, piscinas, campos de golf, no litoral enfocado a un turismo de sol e praia." (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel)

"O pavillón, inmerso nunha contorna de montaña, entre pistas de esquí e dependencias dunha estación invernal, é magnífico." (Bieito Iglesias: Pan e coitelo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.