pistacho

pistachoSemente oleaxinosa comestible, de casca moi dura e améndoa verde e tenra, da árbore de dous ou tres metros de altura da familia das anacardiáceas, con follas compostas de cor verde escura.

Etimoloxía

Parece que a denominación chegou do francés pistache, pero podémonos remontar ata o grego pistakion.

Exemplos *

“En canto ó pan de froitos secos, unhas améndoas e pistachos moídos aromatizados con peles de froita constitúen a base da preparación.” (Miguel González Aguiar: Galicia Hoxe 27-02-2005)

“¿a qué che sabe? -A limón. -Pois segundo o xefe é de pistacho -apuntou o confidente coa boca chea. -Limón, pistacho… ¿Qué máis terá iso agora? -Pois que o de limón é máis barato. Por iso.” (Xabier López López: Biff, bang, pow)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.