pisto

Guiso de diferentes hortalizas que se pican e friten con cebola, allo e outros condimentos

Etimoloxía

Termo que remite ao latín pistus ‘esmagado’.

Exemplos *

“Pódense desgustar delicatteseen elaboradas con produtos do país e outras inspiradas noutras tradicións culinarias foráneas como un “Tataki de atún vermello, pisto de verduras e compota de mazá verde e xenxibre”.” (GC Tendencias: Galicia Confidencial, 20-5-2015)

“"A Despensa" está decorada con fotos de viñedos e acios da Ribeira Sacra, terra de Pérez Rodríguez (Nogueira de Ramuín). No menú: afumados (de troita, bacallau e peixe espada). Mini burguer de boi; bacallau en pisto; sepia con alioli; gamba fresca; cachelos bravos.” (AA.VV.: Novas do Eixo Atlántico, nº 39, 4- 2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.