pita cega

Xogo máis ben de nenos, no que un deles, cos ollos cubertos cun pano, ten que buscar os outros xogadores e identificar a quen colla.

Etimoloxía

Esta expresión formouse pola combinación do substantivo pita (do que non se sabe con seguridade a orixe) e do adxectivo cega (do latín caecus, -a, -um 'cego, escuro')

Exemplos *

"E por primeira e única vez na súa vida o pequeno príncipe xoga á pita cega con catros esfarrapados e unha nena raquítica." (María Gándara: Magog)

"… abrazouno e notou que non era capaz de seguilo, de levarlle o paso, que os pés se lle entrambilicaban e máis que un baile aquilo semellaba un xogo da pita cega con dous torpes amarrados pola cintura …" (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.