pita do monte

Ave da familia dos tetraónidos (Tetrao urogallus), de plumaxe negra cincenta con reflexos verdosos, ás acastañadas, cellas encarnadas e cola que exhibe en abano na época de celo no macho, e de cor acastañada con pencas brancas na femia.

Etimoloxía

Probablemente o nome proceda do feito de que este animal garda semellanza cunha galiña nova pero que vive libre no monte.

Exemplos *

"Esta noite a pita do monte non dorme tampouco nas devesas varridas polo vento" (Suso de Toro: O país da Brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta)

"Tampouco desdeñaba don Álvaro comer esta ave rechea con cirolas pasas, pero a grande receita era para el a pita do monte preparada ó forno" (Galicia Hoxe 04-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.