pita

Galiña

Etimoloxía

Palabra de orixe onomatopeica.

Exemplos *

“Aquel serán, detrás de unha fiestra, eu ollaba chover. E de súbito vin as pitas. Malpocadas! Coas colas baixas, a cabeza afundida, arrechegadas ao muro, nos recantos, esmaecidas, murchas, tristeiras, a água escorregaba por riba delas, teimosa, cruelmente.” (Ricardo Carballo Calero: As pitas baixo a chúvia, 1984)

“Non me adico nin á venda das galiñas nin dos ovos; teño estas pitas porque me resultan curiosas, a modo de entretemento e gústanme os ovos que poñen.” (A. Rodil/ R.S.: De Luns a Venres, 15-2-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.