pitón

Serpe non velenosa, propia das rexións cálidas de África, Asia e Oceanía, cun tamaño de dous a dez metros e da que existen varias especies

Etimoloxía

A súa orixe está no latín científico Python que bebe no grego Púthon, serpe que matou Apolo.

Exemplos *

“Nas antigas versións dos mitos africanos, os animais posúen poderes máxicos abraiantes: a araña pode subir ata o mesmísimo ceo, o león pode devorar unha aldea enteira se lle apetece e a pitón chega de horizonte a horizonte sen cansar.” (Miguel Seoane García: O Correo Galego, 11-19-2000)

“Concretamente, eu lembro unha colección de cromos de historia natural, e, tódolos domingos polas mañás, nos reuniamos diante da "Viúva de Elisardo", nunha bolsa pública na que se cambeaban; o máis escaso era "a pitón", a serpe pitón.” (Xosé M. Salgado e Xoán M. Casado: X.L. Méndez Ferrín, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.