pivote

Xogador dun equipo de baloncesto, o de maior estatura, sobre o que converxe o xogo dos seus compañeiros.

Etimoloxía

A denominación deste xogador tomouse da forma francesa pivot.

Exemplos *

"Tiña unha morea deles, fachendoso (parecéralle fatal que un pivote da NBA alardease de deitarse con 1345 mulleres) de non ter contado nunca o número de mulleres das que se namorara." (Ricardo X. Losada: O xene da chuvia)

"Xogou como libre e como pivote, xa que o equipo adversario deixoulle metros e estivo a un bo nivel." (O Correo Galego 20-02-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.