Traxe lixeiro composto de chaqueta ou xersei e de pantalón, que se usa para durmir
Etimoloxía
Préstamo do inglés pyjamas, que tomou do hindi pā[e]ǧāma, e que remite ao persa pā[y]ǧāme 'prenda que cobre a perna'.
Exemplos *
“Entrei no dormitorio. Ela tiña posto o pixama azul de raso que lle regalaramos polo seu aniversario Paula e mais eu. Lembreime de que meu pai esquecera ese aniversario e non lle regalara nada.” (Ledicia Costas: Unha estrela no vento, 2000)
“Aquela tarde xa non acudiu á hora da cea e foi Isaura quen se ocupou de servir a sopa e o peixe. E tivo que ser el quen se encargase de que os nenos puxesen os pixamas e se deitasen.” (Celia Díaz Núñez: Unha amarga verdade, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.