placidez

Calidade e estado de plácido

Etimoloxía

Termo formado desde a raíz culta plac- que procede do verbo latino placere ‘agradar’.

Exemplos *

“O estómago cheo relaxou os nosos temores e deulle placidez ás nosas mentes.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“A obra diríxese ao público familiar, con chiscadelas para adultos e destinada a nenos a partir de cinco anos, aínda que a nosa sorpresa foi que os máis pequenos que a viron quedaron enganchados, mirando con moita placidez. ” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 3-4-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí