Corpo celeste sen luz propia, de masa suficiente como para ter forma aproximadamente esférica, que orbita arredor dunha estrela e limpou a zona da súa órbita doutros obxectos ríxidos
Etimoloxía
Palabra que ten a súa orixe na latina planēta, e este termo remite ao grego planḗtēs 'errante'.
Exemplos *
“Musk dixo que espera lanzar as primeiras tripulacións a Marte a mediados da década de 2020, para chegar ao planeta vermello en 2025.” (Victoria García: GCiencia. O portal da ciencia galega, 1-2019)
“Os alemáns Joham Titius e Johan Bode dividiron en 100 partes a distancia existente entre o Sol e Saturno, o máis afastado dos planetas entón coñecidos.” (Xoán Bernárdez Vilar: Big-bang, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.