Corpo celeste de características rochosas e pequenas dimensións, que gravita arredor do Sol
Etimoloxía
Termo que nos leva ao verbo do grego planáo ‘vagar’ ao que se lle engade o sufixo -oeidḗs ‘semellante a’ ou ‘de forma’.
Exemplos *
“Os asteroides ou planetoides son corpos rochosos ou metálicos menores que os planetas e maiores que os meteoritos, xunto cos cales orbitan na súa maioría no mencionado cinto de asteroides situado entre Marte e Xúpiter.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)
“No ano 2006, a Unión Internacional de Astronomía (UIA) decidiu definir que era un planeta e, dende entón, Plutón perdeu a súa consideración histórica de planeta e foi clasificado como un planeta anano ou un planetoide, aínda que algúns seguen a consideralo un planeta.” (Manuel Rafael Bermejo Patiño, Ana María González Noya e Marcelino Maneiro Maneiro: Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.