plano

Representación gráfica da estrutura dun edificio, cidade, rede de estradas etc., mediante procedementos técnicos

Etimoloxía

Chega desde o vocábulo latino planus, -a, -um ‘nivelado’.

Exemplos *

“Os de tecnoloxía impartírona no propio edificio, onde realizaron os planos da planta da casa consistorial.” (S. Formoso e C. Botrán: Galicia Hoxe, 05-11-2010)

“Levantárona por planos dun arquitecto empapado de modernez, e sen embargo non é racionalista, nin tampouco clásica, ou charramangueira, senón unha estraña pero inexplicablemente agradable mestura escanastrada.” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.