plasma

Fracción líquida do sangue, sen células e rica en proteínas.

Etimoloxía

Chegou a través do latín desde o grego plasma –atos ‘modelaxe’.

Exemplos *

“A casa Miegel investigaba, nunha das súas filiais en Thailandia, un composto orgánico para a rexeneración artificial do plasma sanguíneo...” (Manuel Lourenzo González: Arqueofaxia)

“Un grupo de científicos [...] identificou un novo xene que axuda a determina-lo nivel de lípidos no plasma sanguíneo, un importante modo de determina-la propensión ás afeccións cardíacas ...” (O Correo Galego 05-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.