plástico

Mestura de elementos sintéticos que ten como base unha materia que se moldea con facilidade pola acción da presión e da calor

Etimoloxía

Termo que se crea desde o latín plasticus, que remite ao grego plastikós que significa ‘relativo a moldear ou amasar’.

Exemplos *

“Unha inmensa mancha de plásticos permanecía choída na costa por unha barreira quilométrica de botellas de vidro.” (Rosa Aneiros: Xelís, O guieiro das botellas de mar, 2019)

“Mil cuestións como esta aparecen sen moito tempo para as debatermos porque os niveis de contaminación e desertificación indican que estamos a vivir no máis tóxico dos mundos posíbeis; un mundo onde sabemos que un continente de plásticos xace baixo as augas dos océanos.” (Redacción: Sermos Galiza, 12-8-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.