Masa de material plástico de distintas cores, que se utiliza para modelar
Etimoloxía
Trátase dun nome comercial rexistrado
Exemplos *
“Na cociña, a Morocha bate nos ovos para a tortilla baixo a atenta mirada de Marián, absorta no ruído do garfo na louza do prato entrementres lle conta o que fixera na escola infantil. De todos os días, onte foi o mellor porque tivemos plastilina e cancións.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)
“A oficina na que se imparten as clases e a zona de xogos equipada con dúas piscinas de bolas -segundo a idade dos usuarios-, colchonetas, bicicletas e balancíns, pinturas e plastilinas, etc.” (AA.VV.: Terra chá xa, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


