Froito do plataneiro
Etimoloxía
Nome que remite ao latín platanus que, á súa vez, bebe no grego plátanos ‘árbore de follas grandes’.
Exemplos *
“Nos bares e pousadas, en xeral sempre recibiu bo trato e no camiño, como na vida, encontras xente de todo tipo. Xa falando da comida, almorza moi cedo, sobre as sete e media da mañá(...). A media mañá, xa toma algunha froita, normalmente plátanos, e tamén recorre ós froitos secos, chocolate, barriñas enerxéticas...” (Maricarmen Pérez: Galicia Hoxe, 21-11-2010)
“O día foise aguantando e puido dar unha volta pola maior parte dos postos e mercou varias cousas que lle facían falla e outras que lle entraron polo ollo. Do que máis levou foi de comer: orella de porco, rabo, ósos da soá, laranxas, plátanos, mazás... e, xaora, castañas e noces.” (Xavier Senín : O Correo Galego, 16-11-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.