platea

Palco dun teatro situado á altura do patio de butacas.

Etimoloxía

A orixe desta voz non está clara e propóñense distintas opcións, como o francés platée ou o italiano platea.

Exemplos *

“Lidia e Daniel puideron escoller sitio na parte elevada, que conformaba unha especie de platea preferencial desde a que se enxergaba calquera movemento da xente por pequeno que fose.” (Ramiro Fonte: Os leopardos da lúa)

“Ó ocupar o meu asento constato que a muller fatal debeu vender case todas as localidades de platea.” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.