plebiscito

Consulta mediante votación á que se somete o pobo para aprobar ou refutar unha cuestión que concirne á estrutura do Estado ou do goberno.

Etimoloxía

A súa orixe está na forma latina plebiscitum ‘decreto ou lei dos plebeos’, palabra creada a partir de plebi ‘pobo’ mais scitum ‘decreto’.

Exemplos *

"… aproba o dito anteproxecto _case todo él obra do galeguista Bóveda_, e créase un Comité Central de Organización e Propaganda preparatorio do plebiscito." (Argimiro Rojo Salgado: O galeguismo a través dos seus textos e documentos políticos)

"A Confederación non apoiara na Galiza do 1936 o plebiscito autonómico, e non o fixo porque unha tal proposta, sempre estatuíndo un sistema estatal de poder, non cadra en xeito algún co seu concepto do federalismo." (Xoán I. Taibo/Manuel Rivas: Os partidos políticos na Galiza)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.