pleura

Membrana que recobre os pulmóns e o interior da cavidade torácica.

Etimoloxía

Xorde do grego pleurá, –âs que significaba 'lado', 'costado'.

Exemplos *

"Tal hai que oír e da boca de quen, que sempre foi o máis parvo e nin seu pai, cando enfermara de pleura, lle deu a dorna a mandar, que preferiu que o fixese Manoliño das Crebas." (Francisco Calo Lourido: Salseiros)

"Novoneyra tivo un problema coa pleura e estivo bastante tempo no Hospital Militar da Coruña." (Xosé M. del Caño: Conversas con Manuel María)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.