pluralidade

Número grande de cousas, en particular se son diversas / O feito de ser ou de haber máis dun

Etimoloxía

Palabra que procede do latín tardío pluralĭtas, -ātis que significaba 'moitos'.

Exemplos *

“O criterio non está exento de dificultades, mais soamente o recoñecemento da pluralidade xa é un aliado na busca dun mundo máis xusto.” (Carme Adán: Feminicidio. Unha nova orde patriacal en tempos de submisión, 2018)

“Os Martín Códax premian a pluralidade da escena musical galega de hoxe.” (Redacción: Nós Diario, 22-10-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.