pluralismo

Doutrina que recoñece a pluralidade de opinións, crenzas ou tendencias de carácter político, relixioso ou económico nunha sociedade

Etimoloxía

Termo creado sobre “plural” que chega desde o latín pluralis ‘composto de moitos”.

Exemplos *

“Esta pulsión saudable do pluralismo democrático debería ser compatible cunha visión estratéxica compartida da identidade e da cultura galegas, que se asente nas nosas normas fundamentais e na vontade moi maioritaria da cidadanía galega.” (Consello da Cultura: Reflexión estratéxica sobre a cultura galega / 1. Contidos da cultura, 2011)

“Estar co poder outorga dádivas e privilexios e beneficios e, incluso, a licencia de sentirse perseguido pola minoría de exaltados que non comprenden nin admiten o pluralismo e a tolerancia.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo apócrifos, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.