plutocracia

Forma de goberno na que a clase capitalista detén o poder / Conxunto de plutócratas

Etimoloxía

Termo que procede do francés plutocratie, e este do grego ploutokratía ‘goberno dos ricos’.

Exemplos *

“A liberdade das linguas ten que ir parella coa liberdade das persoas e das nacións. (...) Se, de certo, nos temos por firmes demócratas e por persoas do noso tempo, deste tempo que tanto nos está a ensinar a defender as nosas liberdades fronte ás uniformizantes plutocracias dominadoras e as involutivas teocracias terroristas.” (Salvador García-Bodaño: O Correo Galego, 2001)

“Señor, inténtase igualar as clases. Así como Alexandre Macedonio soñou xuntar antano Grecia e Persia con matrimonios multitudinarios, aquí vanse xuntar en dúas camas a plutocracia e o proletariado.” (Millán Picouto: Os espellos e a noite, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.