pluviometría

Medición da cantidade de auga caída nun lugar nun tempo determinado.

Etimoloxía

Combináronse o elemento latino pluvio 'chuvia' e metro 'medida', de orixe grega.

Exemplos *

"O balance provisional de Medio Rural foi elaborado atendendo a superficie ardida nos tres primeiros meses de 2009, tomando como referencia os últimos anos con pluviometría similar". (Galicia Hoxe 16-04-2009)

"… en climas cunha abundante pluviometría estas árbores satisfán en maior medida as súas necesidades de auga." (Roxelio Pérez Moreira: Ecoloxía forestal e ordenación do bosque)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.