Relativo ou pertencente ao pluviómetro ou á pluviometría
Etimoloxía
Palabra que se crea a partir dos elementos compositivos: pluvio- derivado do latín pluvia ‘chuvia’ e o sufixo –métrico, que combina –metro ‘medida’ e –ico empregado para a formación de adxectivos.
Exemplos *
“A demarcación de dita área de I.X.P. Castaña de Galicia responde a unhas condicións pluviométricas , térmicas, ombrotérmicas , hipsométricas e de solos óptimas para o cultivo de castaña de calidade.” (Pablo Antonio Fraga Gontán: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 1-2014)
“O océano exerce un alto poder de termorregulación polo que as rexións próximas ós mares nunca terán as temperaturas tan extremas como no centro dos continentes , ademais a maior parte da auga da atmosfera procede da evaporación dos mares e, por conseguinte, determina as condicións pluviométricas.” (Manuel Ángel García Gallego e Berta Estrada Arias: Ciencia da Terra e do Medio Ambiente, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.