pneumático

Tubo circular de caucho das rodas de moitos vehículos, que consta de cámara e cuberta, ou só desta, e dunha válvula por onde se enche de aire.

Etimoloxía

A orixe desta palabra remóntase ao grego pneumatikós 'relativo ao aire', derivado de penuma 'alento, respiración'. De aí pasou ao latín e do latín ao francés, de onde parece que o tomamos nós.

Exemplos *

"Perderon de vista o pazo, as derradeiras luces escintilando desde o espello retrovisor, e escoitaron a grava xemer baixo os pneumáticos antes de que o taxi saíse á autoestrada." (Aníbal C. Malvar: Unha noite con Carla)

"Hai días tristes de chuvia petando no vidro da ventá, co ceo gris machucando a paisaxe, e nos que o caucho dos pneumáticos abre breves pegadas no brillo do asfalto." (Xerardo Méndez: As horas que nos quedan)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.