Inflamación aguda do pulmón
Etimoloxía
Termo médico procedente do latín medieval pneumonia, palabra que remite ao latín pneumonía, que toma como base pneúmōn 'pulmón'.
Exemplos *
“Nos días seguintes Sara pasou por uns momentos de moito estrés por ter que coidar dunha tía de Xabier que ingresara no hospital por culpa dunha gripe que se convertera en pneumonía.” (Úrsula Heinze: Delirios de pracer, 2018)
“Unha vez, había dous anos, Petra cortara a propósito a última falanxe dun dedo para coller unha baixa e poder ficar na casa co seu fillo pequeno que tiña pneumonía.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.