Chuvia miúda
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “po” que vén do latín pulvus de significado semellante.
Exemplos *
“Á altura do Faramello comezou a chover unha poalla lenta que embazou pouco a pouco o ceo até acabar en chuvia torrencial cando baixaban polo terreiro pronunciado do Milladoiro.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)
“Un vento toleirán remexía a poalla e esfarrapaba as brétemas, coma se non cadrase conforme con nada, coma se todo o quixese esborrallar.” (Carlos G. Reigosa: Xentiario, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.