pobre

Que carece do necesario para vivir ou que non ten máis ca o estritamente necesario

Etimoloxía

Termo que vén do latín pauper que se serve para designar ‘pobre’ ou ‘necesitado’.

Exemplos *

“Eu vou pó–Io mundo /  Pra ver de ganalo. /  Galicia está probe, / Y á Habana me vou…” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)

“Ten moita forza interior e non sente vergoña nin de ser pobre nin de ser galego.” (Marga Doval: Sermos Galiza, 24-12-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.