poceira

Poza pequena

Etimoloxía

Voz derivada por sufixación que toma coma base “poza” que remite á latina puteus de significado análogo.

Exemplos *

“Un flamengo, coa súa plumaxe rósea a proxectar luces prateadas, as longas patas submersas nunha poceira onde o mouro peteiro cataba a auga musicando as ondas con cantos de ledicia, non parecía botar de menos a nativa terra de Flandés.” (Miro Villar: Premios Pedrón de Ouro 1985/1986 / Augas de silencio, 1987)

“Saio da casa botando fume do respiro. Hai cristais en tódalas pozas. A lama do camiño está dura coma cadullos. As herbas vense enfariñadas e tesas. Sóprolle un asubío a Ciprián, que camiña diante min. El agárdame escaravellando nunha poceira. — ¡Mira isto! —dime, coma se amosara un tesouro— ten o gordor dun dedo.” (Sindo Seixido: A gloria é un afiador, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.