Acción e efecto de podar
Etimoloxía
Termo que se deriva de “podar” e este do latín putare ‘cortar’.
Exemplos *
“Todo estaba medido na vida da parroquia: os santos e as lúas marcaban os tempos de sementeira e da seitura, da monda e da poda, da vendima e do nacemento das pitas.” (Xosé Ramón Barreiro Fernández: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro/ A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela, 2009)
“As actividades que neles se realizaban eran de diverso tipo: análise do chan, cultivo de frutais con prácticas de poda e inxerto, cultivo de plantas propias da localidade, creación dun pequeno viveiro para extraer plantas destinadas á repoboación forestal, etc.” (Narciso de Gabriel: Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo rural, 1989)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.