Cortar cada ano as pólas dunha árbore ou arbusto.
Etimoloxía
Chegounos da forma latina putare, que entre os seus significados contaba co de 'cortar' ou 'podar'.
Exemplos *
"Miña nai contoume que unha mañá se esquecera de ir podar as enredadeiras e que cando quixo ir facelo e foi aló quedou pálida co que viu." (Miguel-Anxo Murado: Memoria de derribos)
"Cunhas tesoiras de podar nas mans dáballe forma a unha sebe desaxeitada que protexía un pequeno xardín, que máis adiante ela pensaba encher de flores." (Antón Cortizas: Leonel)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


