podengo, -a

Can de orellas ergueitas e lombo recto, ideal para a caza do coello pola súa grande axilidade, vista e olfacto

Etimoloxía

Palabra de orixe incerta.

Exemplos *

“Se ben o sabuxo español era un can especialmente indicado para seguir o rastro da caza menor, tamén se podía empregar para caza maior (...). Algo similar acontece cos galgos, e no caso de Galicia co podengo galego, con certas similitudes (...)” (Hortensio Sobrado Correa: Os animais domésticos na historia de Galicia, 2008)

“Só o can, Ney, un cruzamento de grifón e podengo (...), que segundo miña nai non era bonito, mais si capaz de seguir un rastro con teimosía até levantar un coello ou, confiaba eu, un porco bravo.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro / A morte na arca, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.